Unha carreira solidaria pola leucemia infantil no CEIP Vila de Cee
Fermosa e emotiva xornada a que protagonizaron este martes as alumnas e os alumnos do colexio CEIP Vila de Cee. Da man do mestre Jorge Rodríguez Lariño, realizaron unha carreira para acabar coa leucemia infantil.
A familia ceense participou na 10ª edición da carreira de “La Vuelta al Cole”, organizada pola fundación Unoentrecienmil. Esta Fundación dedícase a impulsar proxectos de investigación para encontrar la curación plena de la leucemia infantil, o cáncer máis frecuente en nenos. Impulsando proxectos de investigación relativos a curación plena da leucemia infantil: prevención, protocolos, toxicidade, recaídas e inmunoterapias, entre outros.
A leucemia é o cáncer infantil máis frecuente na idade pediátrica, e gracias a colaboración de miles de colexios con este tipo de actividades conseguen recadar fondos que permitan seguir investigando, porque a investigación salva vidas.
“Poder colaborar con estas iniciativas é unha ocasión única para transmitir os valores de empatía e solidariedade ós escolares dende o noso colexio. Unha carreira onde non hai primeiros nin último postos, é unha carreira onde gañan todos os nenos enfermos de leucemia. E o mesmo tempo que traballamos solidariedade, estamos fomentando entre o noso alumnado hábitos de vida saudables, empregando a carreira e a realización de actividade física como un medio de celebración. Estas medidas forman parte do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables do centro que ten como obxectivo principal mellorar a saúde e o benestar do noso alumnado", explicou o mestre e adestrador.
No Vila de Cee contou con 5 percorridos diferentes adaptados as diferentes etapas e niveis educativos,