mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha carreira solidaria pola leucemia infantil no CEIP Vila de Cee

Carreira Solidaria CEIP Vila de Cee
Unha carreira solidaria pola leucemia infantil no CEIP Vila de Cee

Fermosa e emotiva xornada a que protagonizaron este martes as alumnas e os alumnos do colexio CEIP Vila de Cee. Da man do mestre Jorge Rodríguez Lariño, realizaron unha carreira para acabar coa leucemia infantil. 

A familia ceense participou na 10ª edición da carreira de “La Vuelta al Cole”, organizada pola fundación Unoentrecienmil. Esta Fundación dedícase a impulsar proxectos de investigación para encontrar la curación plena de la leucemia infantil, o cáncer máis frecuente en nenos. Impulsando proxectos de investigación relativos a curación plena da leucemia infantil: prevención, protocolos, toxicidade, recaídas e inmunoterapias, entre outros.
A leucemia é o cáncer infantil máis frecuente na idade pediátrica, e gracias a colaboración de miles de colexios con este tipo de actividades conseguen recadar fondos que permitan seguir investigando, porque a investigación salva vidas.


“Poder colaborar con estas iniciativas é unha ocasión única para transmitir os valores de empatía e solidariedade ós escolares dende o noso colexio. Unha carreira onde non hai primeiros nin último postos, é unha carreira onde gañan todos os nenos enfermos de leucemia. E o mesmo tempo que traballamos solidariedade, estamos fomentando entre o noso alumnado hábitos de vida saudables, empregando a carreira e a realización de actividade física como un medio de celebración. Estas medidas forman parte do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables do centro que ten como obxectivo principal mellorar a saúde e o benestar do noso alumnado", explicou o mestre e adestrador.

No Vila de Cee contou con  5 percorridos diferentes adaptados as diferentes etapas e niveis educativos,

Comentarios