Cash Record trasládase ao polígono de Cee

Imaxe do antigo Cash Record de Cee

Esta mañá a xerente de SEA anunciaba a venda dunha nova parcela no Polígono de Cee. A empresa de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski trasladará as instalacións de Cash Record do centro da vila ao parque empresarial.

O novo Cash Record, contará con 20 traballadores (os 5 actuais e 15 novas contratacións), e ocupará 3 parcelas de 6.000 m2. O supermercado contará cunha sala de venda de máis de 1.700 m2, aparcadoiro con capacidade para 84 prazas.

Con esta incorporación, a ocupación do polígono empresarial, que ten unha superficie neta de 106.805 metros cadrados, supera xa o 50%.