Cee abre o prazo da Educación para Persoas Adultas
Tempo de estudiar para os maiores, e por Cee temos dúas posibilidades importantes, mediante as cales poderemos sacar o curso de galego Celga, e mais a ESO de adultos.
EPA
O IES Fernando Blanco de Cee abre o prazo de admisión, dirixido a persoas maiores de 18 anos que queiran retomar as clases que lles permitan retomar antigos estudos para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Xa poden anotarse nas ensinanzas de Educación para Persoas Adultas (EPA), correspondentes aos Módulos II e IV (2º e 4º da ESO). O prazo de preinscrición será do 8 ao 15 de xaneiro de 2016, ambos os dous incluídos. O horario de impartición das clases é de 18,30 a 22,30 horas, de luns a xoves.
A listaxe de admitidos e excluídos darase o 18 de xaneiro, con 2 días (19 e 20) para reclamacións, publicándose a listaxe definitiva o día 20. A partir de aí, o prazo de matrícula será do 21 ao 28 de xaneiro.
Probas de galego Celga
Así mesmo, xa hai datas para as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, non ano 2016. As probas realizaranse en Santiago e Ponferrada as seguintes datas:
- Celga 4: 2 de abril de 2016.
- Celga 2: 3 de abril de 2016.
- Celga 3: 9 de abril de 2016.
- Celga 1: 10 de abril de 2016.
Hai ata o 22 de xaneiro para presentar solicitude telematicamente ou en formato papel. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electónica da Xunta de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).