Cee acolle as primeiras xornadas do libro infantil e xuvenil da Costa da Morte

Xosé Mª Lema e María Canosa serán os dous escritores que se encarguen de poñer en marcha as I xornadas do Libro Infantil e Xuvenil da Costa da Morte que se levarán a cabo dede hoxe e ata o venres no auditorio Baldomero Cores de Cee. O primeiro dos encontros terá lugar o vindeiro xoves, día 9, ás 13:15 horas. Xosé María Lema reunirase co alumnado de secundaria e de bacharelato do IES Fernando Blanco para falar do seu último libro; "Costa do Solpor". O venres, día 10, ás 12:30 horas será o turno de María Canosa que lle falará aos alumnos e alumnas dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo do seu libro "A cazadora de estrelas". Estas xornadas están organizadas polo concello de Cee e librería Ler.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Lema Suárez en QPC

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)