Cee acolle unha xornada sobre o cooperativismo

Co título "Empreder baixo a fórmula cooperativa. Unha boa opción de emprendemento" terá lugar mañá na casa da Cultura de Cee - entre as 16:00 e as 19:00 horas - unha xornada sobre o cooperativismo organizada polaRede Eusumo da Xunta de Galicia coa colaboración do concello de Cee. Os/as interesados/as en asistir poden anotarse a través da rede Eusumo (981 558 008 ou no mail eusumo.emprego@xunta.gal) ou a través do concello de Cee (981 745 100 ou no enderezo orientacion.laboral@cee.gal). Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)