Cee aprobará o seus orzamentos 2020 cos votos a favor do PP

Os orzamentos inclúen unha partida para expropiar os terreos da nova EDAR de Cee, que se contruirá en fronte da actual, en Fornelo

Cos votos a favor do PP, o grupo socialista aprobará no pleno deste venres, (ás 19:40) os Orzamentos para 2020. Así votou na comisión o grupo popular, onde IxCee se abstivo, e o BNG votou en contra, apuntando unha serie de propostas que non engadiu o grupo de goberno.

Uns orzamentos, de 5.741.386,60 € (supón un incremento de 146.143,76 euros con relación ós ingresos do ano pasado) que teñen como principal protagonista á obra da nova depuradora e o emisario submarino, que servirá para solventar (segundo o PP, e de aí o seuvoto a favor), a saneamento integral da ría. “Votamos a favor a pesar de non poñer nin unha soa coma na súa creación. Se non votamos a favor, estaríamos perxudicando ao Concello, e sobre todo facémolo pola partida que hai que ter para expropiar os terreos, para facer a nova depuradora (situarase en Fornelo, en fronte da actual), a obra estrella por parte da Xunta de Galicia, para este ano”. Unha obra de 10-15 millóns de euros con fondos europeos que dende o PP que se poida contratar a final de ano.

”A estabilidade”, “o control do límite de gasto” e a “minoración do endebedamento” son 3 liñas básicas dun documento que, pola contra, non respecta a regra de gasto ao aumenta a prestación en servizos como axuda no fogar, limpeza de dependencias ou a escola infantil (reserva tamén 12.000 para o futuro servizo de atención temperá comarcal), partidas que deberían ser asumidas por outra administracións.
Tamén increméntase a partida da subvención das Festas de Xunqueira, pasando de 30.000 a 55.000 euro.

Entre os investimentos programados importantes, destacan a obra do repetidor de Lires, incluida na partida de maquinaria, instalación e útiles.

Propostas desestimadas do BNG

O BNG pon en falta certos puntos, que propuxo pero que non foron incluídos:

  • Becas–bolsas de estudo para alumnado de primaria, Eso, bacharelato, ciclos formativos medio e superior e estudos de grao medi o e superior. Estas axudas son necesarias para o apoio as familias que non poden afrontar o custo do servizo pola carencia de recursos económicos.
  • Plan de mantemento das depuradoras de augas residuais do rural, recordando os constantes problemas nas praias de Estorde e Lires polo mal funcionamento das mesmas, ou o pésimo funcionamento das de Gures ou Ameixenda. Lembra tamén mesmo que a edar de ruibo, que debería dar servizo as aldeas de Ruibo e Tedín, leva anos lista pero nunca se puxo a funcionar.
  • Inversión no colexio público Eugenio Lopez.
  • Recuperar as subvencións as entidades culturais e aumentar a partida a Fundación Fernando Blanco.