Cee, Corcubión e Fisterra preparan un xuño de pasarrúas e sesións vermú

Volven ás verbenas á comarca de Fisterra. Queremos, coa axuda de Laura Louzán, facer un repaso ás festas deste mes de xuño nos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra. Cando estamos pendentes da presentación das festas da Xunqueira, podemos avanzar que Cee se prepara para a V Festa do Porquiño ó Espeto da Pereiriña, que chegará xa este sábado 4, nada menos que aderezado con El Combo Dominicano.

A segunda fin de semana de festas en Cee, 11 e 12, será co San Antonio de Xallas, recuperando a tradición.
E os xoves 16 e venres 17 de xuño chega o San Adrián de Toba, con boas orquestras. E sen tempo para durmir a resaca, o sábado 18 e domingo 29, Festas do Corpus de Brens.

Mentres, en Fisterra, xa teñen este sábado 4 troula coas Festas do Buen Suceso.
A vila do Cristo celebrará a chegada do verán coas Festas de San Xoán de Sardiñeiro os 23 e 24.

E completando a zona, Corcubión celebra o seu San Pedro da Redonda, coma sempre no día propio, o mércores 29 e xoves 30, agardando que a mocidade recupere o seu SPS.

Envíanos o cartel da túa festa a info@quepasanacosta.com ou ao 637704893.