Cee e Ponteceso marchan de sendeirismo

Doble proposta para estas fins de semana en Cee e Ponteceso:

Ponte a Pé por Ponteceso

O Concello de Ponteceso organiza unha ruta Camiñando por Ponteceso, Anllóns e Tella. A cita será para este sábado 26 de marzo e a saída realizarase ás 16.00h na Praza do Relleno. O Percorrido irá polo Paseo fluvial, A Barcía, Igrexa de Anllóns, A Saímia e As pedras do rei. Son 10 km de dificultade baixa, para ir adestrando de cara a un verán camiñante.

Poden inscribirse antes do venres día 25/03/ ás 14.00h enviando un correo a turismoponteceso@ponteceso.net ou chamando ao 981 714 000, ao 981 714 622 ou ao 981 738 428.

Ruta en Cee

A Delegación de Benestar e Igualdade Do Concello de Cee organiza un roteiro de sendeirismo Laxe-Camelle, para o sábado 2 de abril. Na que se inclue un a visita a Cidá do Castro en Borneiro, muíños e batáns do Mosquetin. A Inscrición e información nas oficinas de Servizos Sociais e Centro social do concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa dos Concellos de Cee e Ponteceso.