Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas sendas peonís entre Cabana, Ponteceso e Laxe

Novas sendas peonís entre Cabana, Ponteceso e Laxe
Novo impulso para as sendas peonís nos concellos de Cabana e Ponteceso. Grande nova para a zona, unha vez que o turista que nos visita o que quere é disfrutar da paraxe natural a pé. Así, onte aprobábase un convenio de colaboració entre a Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas e o concello de Cabana co obxectivo de desenvolver a execución de varias sendas peonís. A Xunta anunciou que vai dotar ao Concello cabanés duns 272.000 euros. Un anuncio que contrasta co que dicía hai uns días o presidente Feijoo, que abogaba por retirar servizos “prescindibles” como o Noitebús. Deste xeito poranse en marcha unha senda peonil no lugar de Mata, en Riobó, outra en Beres, outra en Ponteceso de Cabana e a última en Taboído. Os terreos afectados polas obras son na súa totalidade de dominio público e expropiados pola Xunta de Galicia. As actuacións durarán arredor dun ano. Éstas pretenden proporcionar unha maior seguridade viaria aos veciños.

Marxe este AC-429 (Ponteceso-Laxe)

A presente actuación, que precisa dun orzamento de 184.000 euros, pretende a execución dunha senda peonil na marxe oeste da estrada AC-429, concretamente en Ponteceso de Cabana, na parroquia de Cesullas. A senda peonil, cuxa lonxitude é de 810 metros, consistirá nunha vía de 1,50 metros de largo rematada superficialmente en formigón coloreado e separada da estrada por unha cuneta cun largo dun metro. Cabe citar que os terreos afectados pola obra son na súa totalidade de dominio público expropiados pola Xunta de Galicia. No que se refire a unidades principais de obra, realizaranse roza e limpeza, desmonte e pavimentación de formigón. Ademais, levaranse a cabo traballos de drenaxe e colocación de sinalización.

Marxe norte AC-429

Image O proxecto, que dispón dun investimento de 227.000 euros por parte da Xunta tamén prevé a construción dunha senda peonil na marxe norte da AC-429, no lugar de Taboído, na parroquia de Canduas. A citada senda, cunha lonxitude dun quilómetro, conta cunha vía de 1,50 metros de largo. Os traballos centraranse no movemento de terras, desmonte, pavimentación de formigón e drenaxe. Tamén se colocará a sinalización vertical e horizontal necesaria.

Marxe norte AC-429

O proxecto, que dispón dun investimento de 227.000 euros por parte da Xunta tamén prevé a construción dunha senda peonil na marxe norte da AC-429, no lugar de Taboído, na parroquia de Canduas. A citada senda, cunha lonxitude dun quilómetro, conta cunha vía de 1,50 metros de largo. Os traballos centraranse no movemento de terras, desmonte, pavimentación de formigón e drenaxe. Tamén se colocará a sinalización vertical e horizontal necesaria.

Marxe norte AC-423 (Grilloi – Ponteceso)

Image Esta actuación, cuxo orzamento ascende a 65.000 euros, executarase na marxe norte da estrada AC-423, no lugar da Mata, na parroquia de Riobó. A senda peonil, cuxa lonxitude é de 400 metros, consistirá nunha vía de 1,50 metros de largo rematada superficialmente en formigón coloreado e separada da estrada por unha cuneta cun ancho dun metro. En relación ás unidades principais de obra, realizaranse roza e limpeza, desmonte e pavimentación de formigón, drenaxe e colocación de sinais.

Marxe oeste AC-423

Image A presente obra pretende a execución dunha senda peonil na marxe oeste da estrada AC-423, en Beres, na parroquia do Esto. A infraestrutura, cunha lonxitude de 400 metros, dispón dunha achega económica de preto de 77.000 euros por parte de Medio Ambiente.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Comentarios