Cee vibrou coa música da Escola Municipal
23 de decembro de 2010 (10:49 h.)
Non se decata a Costa da Morte do tesouro que ten a bisbarra con esta Escola de Música de Cee. Unha Escola que fomenta a aprendizaxe musical en todas as esferas e todas as clases sociais.
Como cada ano, os alumnos celebraron o Festival de Nadal, e toda a vila encheu o Salón de Actos do Concello ceense. A varierdade foi a nota predominante pero todos asistentes vibraron cos artistas.