As pésimas condicións metereolóxicas obrigaron a cambiar de día a I Edición do Día do Deporte na Rúa que organiza o Concello de Cee. Pero parece ser que o tempo vai acompañar nesta fin de semana e o deporte tomará as rúas da vila o vindeiro sábado 26 de xullo.
Dende as once da mañá ata as dúas do mediodía, están programadas varias actividades para todos os públicos na rúa Domingo Antonio de Andrade e na Praza 8 de Marzo. Os técnicos e adestradores do A.D. Olimpia, A.C.B. Costa da Morte, Club Ciclista Cee, Club Baile Deportivo Arte e Movemento, C.P. Artístico Costa da Morte e o Club Cee Deportes de Contacto, serán os encargados de dirixir as actividades.
Serán actividades abertas a toda a poboación, nas que a participación é totalmente gratuíta.