Comeza a necesaria limpeza da fachada do Hospital de Cee
Tras anos de retraso, e cunha evidente necesidade, hoxe luns, dia 29 de setembro dan comezo as obras de conservación e limpeza das fachadas do Hospital Público de Cee.
Estes traballos afectarán a una superficie total de algo máis de 10.500 metros cadrados, incluíndo fachadas, terrazas, cubertas e o muro exterior do hospital, tendo un prazo máximo de execución de 5 meses.
Para levar a cabo esta obras, estruturadas en varias fases, priorizarase a limpeza das superficies a tratar con medios non agresivos, mediante auga a presión e deterxentes neutros, rematando con produtos funxicidas específicos.
Ademais, aproveitaranse estas acometidas para a realización de traballos de eliminación de eflorescencias salinas, así como a reposición de xuntas deterioradas, aplicación de produtos hidrofugantes e tratamento anticorrosivo nos elementos metálicos expostos.
Para rematar, nestes traballos de acondicionamento inclúese a limpeza e consolidación das terrazas, onde se procederá á retirada de vexetación invasiva ademais do selado de puntos vulnerables, así como unha exaustiva revisión das cubertas e baixantes.