O Comité de XEAL volve reunirse ca Xunta
27 de maio de 2021 (13:18 h.)
Hoxe ás 18:00, outro venres máis, os traballadores de XEAL volven concentrarse ás portas do Concello de Cee. Farano despois da reunión que vai manter o Comité de Empresa coa Directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta. Unha cita na que os traballadores volverán preguntar polo Plan de Viabilidade que a Xunta aínda non esixiu a pesar dos seus compromisos.
A partir de aí estudiarán como continúan as mobilizacións pero semella que o conflito está lonxe de solventarse.
A empresa, a raíz das críticas vertidas polo abandono das instalacións, estalle dando unha man de pintura á fábrica. Unha medida que está lonxe de servir como Plan de Viabilidade para o Comité.
NOVAS RELACIONADAS
- 18-05-21: Unha man de pintura na fábrica de Cee.
- Outro venres sen garantía de futuro para os traballadores de XEAL.
- Comité de XEAL: "O que chaman Plan de Investimentos non é máis que unhas obras de chapa e pintura”.