Continúa a oferta de actividades para este Nadal
17 de decembro de 2015 (07:07 h.)
Continúa a choiva de ofertas para o nadal que fan os concellos da Costa da Morte no que os máis novos seguen sendo os principais protagonistas do cartel. Hoxe as actividades céntranse no reparto de premios dos concurso
Malpica
Hoxe terá lugar en Malpica a presentación oficial do programa de nadal con presentación de cartel e entrega dos premios escolares.
Ademais da entrega dos premios do concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, que é ás 10.45 horas no auditorio do Centro Cívico (CEIP Milladoiro) e ás 12.00 horas no CEIP Xaquín Rodríguez Otero os nenos e nenas poden participar no obradoiro de adornos de nadal que será entre as 16 e as 18 horas no auditorio do Centro Cívico de Malpica.
Xa o venres, o Carteiro Real e Papa Noel visitarán algúns dos centros educativos do municipio. Papa Noel fará noite en Malpica xa que o sábado protagonizará unha festa infantil, con chocolatada incluída, na casa dos veciños de Leiloio, grazas á colaboración da A.VV. Leiloio. Pola mañá continúa o obradoiro de adornos de nadal.
Xa o luns, os rapaces de 3 a 8 aos terán a oportunidade de ver un conta contos da man de Chus Álvarez, a cita ás 17 horas no auditorioi do centro cívico. A actividade está organizada pola ANPA Ventorrillo.
O xoves, 24 de nadal, ás 16.30 horas Papa Noel entregará os regalos ós rapaces na casa da Cultura de Seaia (Organiza: A. C. Carcaxía). A partir das 18 horas un pasarrúas de Panxoliñas das cantareiras da A. C. Malante percorrerá a vila de Malpica. E a partir das 18:30 horas Papa Noel entregará os regalos ós rapaces na Fonte da Praza Anselmo Villar Amigo (Organiza A. C. Malante).
Os actos do nadal continúan o domingo 27 con unha tómbola infantil. As actividades prolónganse ata o día 6 de xaneiro onde os nenos son os principais protagonista.
Santa Comba
O concello de Santa Comba entregará esta tarde os premios do XVII concurso postais nadal e a continuación exporanse no museo Terra do Xallas. E mañá, os nenos e nenas de Santa Comba vivirán un dos días grandes do ano coa visita de Papa Noel. Durante toda a mañá percorrerá os centros educativos do municipio.
Aspadex
Os usuarios e usuarias do centro ocupacional de Aspadex elaboran durante todo o ano distintos artigos
Aspadex pon á venda estes días os seus traballos realizados durante todo ano polos usuarios e usuarias do centro ocupacional. Na tenda de Aspadex (que está situada no centro comercial de Cee e tamén teñen venda online - aspadex.org - hai productos ideas para regalar durante estas datas. Cadros, marcos, axendas de coiro, bolsos, carteiras, cinturóns e artigos de bisutería son moitos dos artigos que se poden atopar nestes puntos de venta.
Aula Cemit de Fisterra
Papa Noel mantivo unha videoconferencia cos nenos e nenas de Fisterra
Laponia e Fisterra estiveron onte conectadas grazas a unha videoconferencia entre os usuarios e usuarias da aula Cemit e Papa Noel. Os nenos de entre 3 e 5 anos dos distintos centros educativos da vila fíxeronlle chegar por esta vía as súas peticións que na súa maioría foron xoguetes.
Centro Comercial Finis Terrae
O vindeiro sábado, 19 de decembro, os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro de actividades en inglés organizado polo centro comercial Finis Terrae de Cee. O horario é de 16:30 a 20:30 horas.
Baio
En Baio a ampla programación do nadal vén da man da FABA - Federación de Asociacións de Baio - coa colaboración do concello de Zas. Grazas á riqueza asociativa da vila o cartel é do máis completo e variado con actividades para todas as idades; concertos, carreira de San Silvestre, cabalgata de Reis, teatro, obradoiros, charlas,... e outras campañas comerciais enchen o cartel que se extende ata o 9 de xaneiro.
Novas relacionadas
- Mercados e actividades para os mozos completan a oferta do nadal
- A solidaridade, o teatro e o deporte protagonizan o nadal en Corcubión, Cee, Cabana e Muros
- A solidariedade e o teatro avanzan un gran Nadal en Malpica
- 42 establecementos de Carballo premian as compras do nadal
- Unha árbore de nadal 100% reciclada
- Os máis pequenos protagonizan a programación do nadal en Carnota
- Carballo, Cee, Coristanco, Ponteceso, Zas e Baio preparan os actos do nadal
- Teatro, música, festas e solidariedade para o Nadal vimiancés
- O alumnado do IES Fernando Blanco prepara a decoración do nadal
- Fisterra inclúe un mercado de inverno entre os actos do nadal
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Malpica