De clásica campaña ca Festa dos Maiores

Sempre pasa algo na Festa dos Maiores de Cee. É un dos eventos que máis cola trae na vila xa Xunqueira, como comprobamos no 2012 coas críticas da oposición de facer campaña nun evento social pensado para todas as ideas. I é que son eventos pagados con cartos municipais que moitas veces se utilizan para facer campaña, pensando xa nas municipais de maio 2015. Un evento que o ano pasado custou 10 euros por “non poder sufragar o concello a festa”, pero que este ano foi totalmente gratuito.

Ou alomenos así o entende o BNG de Cee, que rexeitou acordi ao convite da Festa dos Maiores deste domingo en San Pedro Mártir, á que acodía secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro.

Así, o voceiro do BNG Serxio Domínguez Louro entende que “o PP está, coma sempre, a ter un descurso populista e electoralista coa celebración desta festa. A súa organización corresponde única e exclusivamente ao interese do partido de tentar, por todos os medios, conservar a alcaldía de Cee nas vindeiras eleccións”.

Considera incongruente a política do grupo de gobero: “É o mesmo Partido Popular que recorta as pensións dos nosos maiores, o mesmo que os obriga a repagar as medicinas, o mesmo que os condea a ter as pensión mais baixas de todo o estado, o que os vai a convidar un domingo a xantar, iso si, e aínda que non estará confirmado, de seguro traerán ao concelleiro de turno a facer propaganda electoral pola carpa montada en San Pedro Mártir para tal ocasión”.

Lembra ademais a falta de apoio do Concello a unha charla que artellou o grupo da oposición para informar aos emigrantes retornados.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Cee.