Denuncian unha nova ondada de raiaduras de coches en Cee
25 de novembro de 2025 (07:50 h.)
Xa pasou a comezos de ano, e mesmo en abril aparecían 15 coches coas rodas rachadas. Este luns 24 de novembro, varios coches do centro de Cee aparecían raiados.
Desta volta, aconteceu no centro, preto da Pizzería Toscana, onde aparecían varios vehículos con longas raiaduras. Pero na Garda Civil xa contan con 7 denuncias nos últimos meses.
As familias de Cee piden colaboración cidadá e máis vixilancia ante estes actos de vandalismo.