Detido un home como suposto autor dos continuos actos vandálicos en vehículos en Cee
05 de decembro de 2025 (13:08 h.)
Un home vén de ser detido en Cee como suposto autor dos actos de vandalismo en numerosos vehículos de Cee. A alarma na vila era importante e xa se presentaran unha decena de denuncias tanto na Polícia Local como na Garda Civil.
Ambos corpos de seguridade, apoiados en varias testemuñas, colaboraron para identificar ao agora detido, un home duns 60 anos.
As forzas de seguridade agradecen a colaboración cidadá, clave para dar co posible autor dos feitos, que foi detido e levado ao Cuartel de Corcubión.
Máis novas