Día de loito en Malpica de Bergantiños

Esta mañá despertamos con un tráxico suceso acontecido enfrente das Illas Sisargas pouco antes das oito da mañá. Segundo informan desde a páxina de Facebook do Concello de Malpica, Francisco Montes Blanco - coñecido como Paco da Rosenda - faleceu pouco despois de que se afundira a súa embarcación deportiva. Os outros tres navegantes que o acompañaban están a salvo. O falecido era pai dun coñecido xogador do Buño S.C.D; Charro. Por este motivo, o partido que se debería de desputar mañá contra o Castriz quedou aprazado. O corpo está a ser velado no tanatorio de Malpica e o enterro será mañá ás 16.15 horas Ex director do Hospital de Cee No día de hoxe, sábado 3 de xaneiro, tamén coñecemos a nova sobre o falecemento do doutor José Rey Aneiros; unha persoa moi vinculada coa Costa da Morte xa que foi o primeiro director do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Rey Aneiros, de 58 anos, foi o encargado de poñer en funcionamento o hospital aló polo ano 1998 cun orzamento de 1.000 millóns das antigas pesetas.