![sisargas]()
Esta mañá despertamos con un tráxico suceso acontecido enfrente das Illas Sisargas pouco antes das oito da mañá.
Segundo informan desde a páxina de Facebook do
Concello de Malpica,
Francisco Montes Blanco - coñecido como Paco da Rosenda - faleceu pouco despois de que se afundira a súa embarcación deportiva. Os outros tres navegantes que o acompañaban están a salvo.
O falecido era pai dun coñecido xogador do Buño S.C.D;
Charro. Por este motivo, o partido que se debería de desputar mañá contra o Castriz quedou aprazado.
O corpo está a ser velado no tanatorio de Malpica e o enterro será mañá ás 16.15 horas
Ex director do Hospital de Cee
No día de hoxe, sábado 3 de xaneiro, tamén coñecemos a nova sobre o falecemento do doutor
José Rey Aneiros; unha persoa moi vinculada coa Costa da Morte xa que foi o primeiro director do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Rey Aneiros, de 58 anos, foi o encargado de poñer en funcionamento o hospital aló polo ano 1998 cun orzamento de 1.000 millóns das antigas pesetas.