Días de matriculación na Escola Oficial de Idiomas e de proba de nivel para a ESA nos IES de Cee

Continúa aberta. ata o 19 de setembro, a matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Cee. Como novidade este curso ofértanse cursos de inglés A1 e B1 pola mañá, que se impartirán no Antigo Raíces.

A oferta na Sección de Cee, con sede no IES Fernando Blanco, dedícase á lingua inglesa, na que se ofertan cursos oficiais de A1 a B2 que conducen á obtención de titulación oficial dos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Na escola pode matricularse ata o 19 de setembro, sen necesidade de preinscrición, calquera persoa maior de 14 anos; no caso de ter cursado inglés na ESO, terá que ser a partir dos 16 anos. Os cursos ofrécense os martes e xoves pola mañá no antigo instituto Raíces, e no IES Fernando Blanco, sede da sección, polas tardes de luns a xoves.

Os cursos oficiais de A1 a B1 ofértanse na modalidade presencial, que implica catro horas á semana de docencia repartida en dous días. En B2, ofértanse cursos semipresenciais, nos que só se asiste á aula un día á semana, que se completa con traballo autónomo nunha aula virtual.

Toda a información sobre a matrícula pode atoparse na web da EOI da Coruña.

Probas de nivel

Dende o IES Fernando Blanco, lembran que esta tarde mercores 10 de setembro as 17:30, levarase a cabo unha proba de nivel para todo aquel que non poida acreditar estudos, ou nunca estudara. O obxetivo desta proba e constatar o nivel do alumnado e asi poder matriculalo no nivel correspondente sexa 1º,2º,3º ou 4 ESO, ainda que previamente non tivera estudos.

A dita proba pode presentarse sin previa inscripción ou previo aviso. Tan só con presentarse as 17:30, realiza a proba e para o dia seguinte xa lle informamos do nivel o cal pode acceder.