Dous barcos afectados por un incendio no porto de Brens
30 de xullo de 2025 (07:58 h.)
Saltaba a alarma esta madrugada de martes a mércores 30 de xullo, ás 3:53. Un traballador da fábrica de Xeal informaba que dous barcos amarrados no porto de Brens estaban sufrindo un incendio.
Ata o lugar se trasladaban os Bombeiros do parque comarcal de Cee, Protección Civil de Cee e Garda Civil, que afortunadamente xunto cos patróns das embarcacións, ambas con base en Camariñas, conseguían sufocar o lume antes de que se afundisen.
Os barcos afectados son o Novo Viana, que acabou completamente queimado pero non afundiu; e o Apostol, que se queimou parte da proa pero sen grandes danos. Afortunadamente non houbo feridos, pero con todo, seguen traballando aínda na extinción, porque volve prender con facilidade.