Dous cativos provocan sendos sustos en Fisterra e Cee

O helicóptero de salvamento en Fisterra-Foto-Dario Gomez

Dous momentos tensos viviron varios veciños de Fisterra e Cee durante esta pasada semana.

O primeiro acontecía na praia de Corveiro, en pleno Fisterra, cando un neno caía tras golpearse cunha táboa na cabeza. Pprovocou a mobilización dun completo dispositivo de seguridade. Protección Civil, Garda Civil, unha ambulancia e mesmo un helicóptero 061 (que non fixo falta) se desprazaron ao lugar. O cativo foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee pero non houbo consecuencias.

Un neno atrapado nunha persiana

O domingo, un neno quedou atrapado no oco dunha ventá nunha casa do lugar de O Son. O neno, de 4 anos, estaba atrapado polo pescozo na persiana dunha ventá, e a nai quedara fóra coas chaves dentro da casa. Os Bombeiros de Cee desplegaron unha escaleira colisa para acceder pola fachada ata o rapaz mentres outro Bombeiro intentaba o acceso pola porta da vivenda do segundo andar pero que se viu imposible dado que o resabalón estaba completamente bloqueado. Cando un Bombeiro chega ata a ubicación do rapaz procede a levantar a persiana e liberar ao neno, entrando con el na habitación. O neno mostrouse tranquilo coa nosa presenza e moi comunicativo mentras a nai e dous bombeiros, xunto con un Axente da Policía Local de Cee, técnicos da ambulancia, unha enfermeira e unha médico do 061 agardaban no exteiror. Coa axuda dun desparafuxador abríuse a porta, dado que coas chaves e a manilla da porta non respondían a manobra. O equipo médico unha vez dentro realizou unha exploración ao rapaz.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).