Dúas ex-alumnas do IES Fernando Blanco que triunfan no mundo da arquitectura
20 de outubro de 2017 (08:53 h.)
Orgullosos fican os mestres e directivos do IES Fernando Blanco vendo con dúas das súas alumnas cuntinúan destacando academicamente a nivel internacional. Dúas ex alumnas do centro ceés veén de recibir sendas becas en arquitectura da prestixiosa Fundación Arquía.
A corcubionesa Andrea Vázquez Costas, na modalidade de proxecto, e irá traballar ao estudo do famoso arquitecto Foster&Partners de Londres.
Non tivo tanta sorte a fisterrá Mónica Sambade, que a pesar de obter a beca na modalidade de expediente, tivo que renunciar a ela por unha beca predoutoral FPU, pois agora mesmo está a comezar o Doutorado en Arquitectura na Universidade Politécnica de Catalunya.
Parabéns ás dúas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).