Dúas fotos de Marcos Rodríguez seleccionadas como finalistas nos premios Andalucía da Imaxe

Dúas imaxes de Marcos Rodríguez clasificanse para a final dos premios Andalucía da Imaxe Marcos Rodríguez está imparable. Coa medalla de prata da Copa do Mundo de Fotografía ás costas, outras moitas nominacións e cunha exposición a piques de inaugurar en Vimianzo, o fotógrafo afincado en Cee vén de ser seleccionado como finalista en dúas das categorías dos premios "Andalucía de la Imagen 2016" organizados pola asociación Fotográfica e Videografica de Andalucía -AFIAN-. Unha fotografía das rapa das bestas de Cedeira clasificou a Marcos Rodríguez como un dos dez finalistas da categoría de "Libre Creación". Mentras que tamén quedou de finalista no apartado de "Infantil" cunha imaxe dun neno e un can observando a través dunha ventana. Ésta é a quinta edición do concurso que se celebra a nivel estatal entre os fotógrafos e os videografos profesionais. O certame ten seis categorías diferentes e dez seleccionados optan ao premio de cada un dos apartados.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)