E a TDT segue sen funcionar en Lires e noutros núcleos de Cee

Lires segue sen sinal TDT

A pesar das continuas queixas do BNG e do anuncio do PP local de que se conseguira solucionar os problemas, os veciños de Lires, e doutros núcleos de Cee, seguen sen ver a TV correctamente. Un problema que en Lires se acentúa porque o emisor está sen subministro eléctrico e alimentado por xeradores cun custe desorbitado que ronda os 3000 euros mensuais, a pesar do cal en moitos fogares do rural o sinal é moi deficiente, a parte de non poder sintonizar moitas das canles que se ofertan.

Noutras aldeas como Ruibo ou A Lagoa, son contínuos os cortes e numerosos os días nos que non poden ver a televisión en condicións, o que ademáis de supor un agravio comparativo con otras zonas, supón tamén un problema importante para as persoas maiores, que en boa parte teñen a televisión como entretemento. En outros lugares como Gures, ou en varios puntos de Brens e Estorde, as interferencias son tamén habituais, polo que hai canles que non poden ser sintonizados.

”É importante lembrar”, segundo o BNG, “que se trata dun servizo público de interese xeral, conforme ao disposto no artigo 22 da Lei 7/2010 sobre a Comunicación Audiovisual”.

Por todo isto, o Bng presenta unha moción para pedir ao goberno que encargue un estudo a unha empresa especializada, no que se recollan os problemas existentes, e onde se consideren as alternativas mais efectivas, para poder abordar as melloras necesarias e asegurar a difusión dos canais de Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-cee-tamen-se-preocupa-pola-sombra-dixital-de-lires/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-propon-duas-posibles-alternativas-para-liquidar-os-problemas-ca-tv-en-lires/ https://quepasanacosta.gal/a-cobertura-esquecida-de-lires/