As eiras reviven en Brens coa música tradicional
Como goza Brens da música tradicional. E se ademais o escenario implica recuperar para a vida social espazos tan singulares e importantes como a praza das Aritas ou a Eira do Roxo de Raso, xa é impresionante.
Nas Aritas, o grupo muxián “Pa Feira co que temos” fixo as delicias das persoas maiores que sentaron ao carón. Unhas 50 persoas gozaron do amplo repertorio da mocidade muxiá, deixando un gran recordo na vila.
Xa o domingo, foron as pandereteiras de "Chan das Lamas" de Quilmas, as que encheron de vidaa Eira do Roxo. Convertida nun fermoso auditorio, as 70 persoas que fixeron que a Eira quedase pequena. As carnotás deleitaron coas súas voces e as pandereteiras dun amplo e marabilloso repertorio que con cada canción recibían uns aplausos cada vez máis alargados no tempo.