Emoción de gradación
22 de maio de 2017 (06:03 h.)
O pasado venres 19 de maio foi un día tremendamente especial para estes alumnos do IES Fernando Blanco, como podemos comprobalo nas súas caras. Era o acto de gradación do alumnado que rematou 2º de bacharelato, un día (e unha noite) que lembrarán todas as súas vidas.
No salón de actos do instituto reuníronse os estudantes acompañados das súas familias, titoras e profesorado que lles impartiu clase. Onde recibiron diplomas e as bandas de gradación. Houbo intervencións do alumnado, da directora do centro, Chelo Trillo, do xefe de estudos, Javier Turnes e dunha representante das nais e pais, Marisol Soneira.
Foi un acto moi emotivo onde tamén houbo espazo para a música e vídeos feitos polo alumnado.
Novas relacionadas
- O saber ten premio no IES Fernando Blanco de Cee.
- A Fundación e o IES Fernando Blanco abren a 6ª edición dos seus premios académicos.
- O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).