Unha empresa de despezamento de barcos achégase ao porto de Brens

Foto de Rafa Quintáns do porto de Brens

É un proxecto que leva anos rondando dened hai máis de 10 anos. E parece que en 2021 se instalará a empresa de despezamento de barcos no porto de Brens. Así o anunciaba o xerente da empresa BrokenBoats este pasado venres en Radio Nordés-Cadena Ser, sinalando que en menos dun ano estarán instalados, creando 15 postos de traballo fixos.

Brokenboats SL, xa ten o permiso da Xunta de Galicia para instalarse no porto ceense dende o ano pasado, asegura que non terá gran impacto ambiental nin paisaxístico pois terá un guindastre móbil e non fixa, e porque non realizará grandes acumulacións de chatarra.