Empresas da zona únense ao novo ciclo de FP dual do IES Fernando Blanco

Talleres do IES Fernando Blanco

Caolines de Vimianzo, Stolt Sea Farm e XEAL son as empresas que se suman ás novas propostas formativas duais do IES Fernando Blanco. O centro ceense abre un novo ciclo formativo de grao superior en modalidade dual para o curso 2021/22: Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial.

Ofértanse un total de 13 prazas, ás que poderán acceder as persoas que cumpran os requisitos de acceso a un ciclo formativo de grao superior. 9 alumnos/as serán acollidos/as por XEAL, 3 por Stolt Sea Farm e 1 por Caolines de Vimianzo.

Este ciclo vén a sumarse á ampla oferta de Formación Profesional que seguirá a ofrecerse no IES Fernando Blanco:

  • Departamento de administración: CM Xestión administrativa e CS Administración e finanzas.
  • Departamento de automoción: CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • Departamento de electricidade: CB Electricidade e electrónica e CM Instalacións eléctricas e automáticas.
  • Departamento de instalación e mantemento: CM Mantemento electromecánico.

Novas relacionadas