Xan Fernández Carrera presentoulle o seu libro "Lendas da Costa da Morte" ao alumnado dos colexios Manuela Rial e Eugenio López
Con motivo das I xornadas do libro infantil e xuvenil, organizadas polo concello, o alumnado dos colexios Manuela Rial e Eugenio López mantiveron onte un encontro co recoñecido divulgador Xan Fernández Carrera.
Desta forma, coñeceron de primeira man un dos seus últimos libros que leva por título "Lendas da Costa da Morte" e que os transportou a lugares máxicos da zona.
Actos para hoxe
O programa destas primeiras xornadas literarias continúa hoxe. Nesta ocasións, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial, así como os das escolas unitarias do concello de Cee, asistirán á sesión de títeres e contos con Duende Sico.
A cita é entre as 9:45 e as 11 horas no auditorio Baldomero Cores da casa da Cultura de Cee.
Novas relacionadas