Excarcelan 5 persoas feridas tras un accidente a altura do porto de Brens
06 de setembro de 2020 (15:05 h.)
Esta pasada madrugada de sábado, pasadas a 1:00h da madrugada, rexistrábase un grave accidente de tráfico a altura do porto de Brens. Os cinco ocupantes do vehículo quedaban atrapados, e o 061 enviaba dúas ambulancias, persoal sanitario do PAC de Cee, ademais dos axentes da Garda Civil, Policía Local e Os Bombeiros.
Os Bombeiros procederon á liberación dos 5 ocupantes (mozos de entre 18 e 28 anos) que foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira.