Facele un novo motorista de Cee nun accidente nas Paxareiras

Helicoptero medicalizado nun servizo primario

Esta pasada tarde de sábado, un mozo de Cee perdía a vida despois de sufrir unha saída de vía cando circulaba pola AC-400, nas Paxareiras, ao seu paso pola parroquia de Serres, no concello coruñés de Muros. A moto chocaba co quitamedos.

O helicóptero medicalizalizado chegaba ao lugar despois de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e trasladaba ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O mozo falecía pouco despois no Hospital.