Falece un mozo de Pereiriña nun accidente laboral en Cambre
13 de marzo de 2020 (15:43 h.)
Un mozo duns 30 anos, natural da Pereiriña, en Cee, falecía esta mañá de venres 13 de marzo nun accidente laboral acontecido en Cambre. O home traballaba no seu taller no lugar de A Telva, cando lle caía enriba un vehículo de alta tonelaxe.
Urxencias Sanitarias-061, GFarda Civil, Policía Local e Prortección Civil acodiron ao lugar pero os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.