Falece un muxián de sobredosis ao inxerir droga antes dun control da Garda Civil

Un muxián de 28 anos e un ceense de 38, viaxaban por Asturias cargados de droga durante a madrugada de onte, domingo. Ao ver un control da Garda Civil, o muxián decidíu inxerir a droga que transportaban para non ser cazados pola benemérita, pero a decisión acabou sendo letal, pois o muxián falecía horas despois por sobredose.

Así informa El Comercio de Avilés. O falecido (R.T.M) tiña antencedentes por tráfico de estupefacientes. O condutor (A.F.S), residente en Brens, foi detido e posto a disposición xudicial. Ambos eran mariscadores.

O vehículo, un Seat Córdoba, era parado ás 3:00h da madrugada pola estrada de Corvera pola Garda Civil. O muxián comezou a sentirse mal e a Garda Civil tivo que chamar á Ambulancia, pero cando chegou xa era tarde.

A Garda Civil atopou no coche efectos para cortar a droga. O detido, o mozo de Brens, non ten antencedentes penais.

Fonte