Falece unha muller ao incendiarse a súa casa en Muxía
Unha muller duns 70 anos falecía esta mañá venres afogada nun incendio da súa casa. Xa ás 8:30h da mañá o incendio era tal que a Policía Local non puido entrar na vivenda, e tiveron que chegar os Bombeiros para afogar o lume e poder entrar.
O 112 explicou que ao lugar acodiron os Bombeiros de Cee, Protección Civil e o 061, que a ambulancia xa non chegou a tempo.
Queixas pola falta de intervención
E a semana pasada xa tivemos as primeiras queixas pola falta de intervención, e xa parece que a desaparición dos Grupos de Intervención Rápida "Grumir" de Cee e Vimianzo traerán consecuencias. Esta semana, uha veciña de Lires nos contaba que estaba ardendo o monte do lado do cementerio, e que tiveron que ser os veciños os que apagasen o lume, ante a tardanza dos bombeiros. Máis de hora e media tardaron os bombeiros, por 45 minutos dos operarios da Xunta, polo que valoran que de non ser pola acción dos veciños armados con caldeiros de auga,, o lume tivera sido moito máis perigoso.
Novas relacionadas
- 05-04-13: Dúas mulleres son trasladadas ao Hospital tras un incendio nunha casa de Frixe.
- Cee e Vimianzo poden despedirse do Grumir.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).