Un ferido trasladado ao HVdX tras un accidente na AC-550 ao paso por Ameixenda
26 de outubro de 2022 (18:01 h.)
Eran as 15:00h deste mércores 26 de outubro cando un Ford Fiesta sufría unha saída de vía na AC-552, á altura de Ameixenda, en Cee.
Despois de saír da vía batía na cuneta, e volvía a estrada, quedando envorcado coas rodas para arriba no medio da estrada. A vítima foi trasladada en ambulancia ao hospital.
Os Bombeiros colaboraron coa Garda Civil de Tráfico na retirada do vehículo para que houbera circulación en ambos sentidos o mesmo tempo.