A Festa do Porquiño da Pereiriña dá un salto coa París de Noia e a Panorama
Dende o ano 2015 a nosa Comisión de Festas do Porquiño da Pereiriña iniciou a súa andadura na organización desta festa.
Os primeiros anos faciase churrasco pola noite para que a xente entrase en calor comendo e logo
aguantar a noite; pero co paso dos anos ocurriusenos probar a facer un porco ao espeto e probamos cunha comida íntima dos integrantes da comisión, gustounos e alá fomos, a aventurarnos co Espeto no campo da festa.
Así, pouco a pouco empezamos a realizar esta festa gastronómica, aumentando cada ano os porcos
que colgamos ó espeto e facendo melloras na forma de asalos.
Este ano contamos con 17 porcos na volta do lume asándose lentamente durante 24 horas, cos nosos asadores de confianza coidando o producto toda a noite.
A nosa festa cada vez é máis unha festa familiar para comer todos xuntos, amigos, familias, mozos e mozas. A ración será a 15 euros con viño de balde. Tamén haberá pulpeira.
Na sesión vermú tocará Dúo Calú.
Unha festa tamén para os máis pequenos con hinchables pola tarde.
Unha festa na que o tardeo con música a cargo de MALE e o bo ambiente atrae cada ano a máis xente.
Fai dous anos cancelouse a París de Noia por mor do vento, este ano pretendemos “se o tempo nos acompaña”, rebentar o campo da festa con París de Noia e Panorama.
O fin de festa será para a xente máis xoven con DJ Borja Solla.
Dende XENTE DA TRALLA desexamos que sexa do voso agrado o noso cartel e que veñades a disfrutar dun día para non olvidar en Pereiriña.