Fin de semana de olores e sabores en Cee
Volveron os sabores invadir a capital da Xunqueira. Proposta gastronómica que nacía o ano pasado e dada a boa acollida, como non podía ser doutro xeito, vén de repetirse esta fin de semana. Cee desprendía arrecendos polas esquinas, facendo de cada bar unha cociña groumet, e da carpa situada diante do Centro de Saúde un auténtico buffet.
A artesanía e a música tradicional tamén estiveron presentes na Carpa dos Sabores, e facendo un auténtico pasabares.
Ruta dos Pinchos
E como non, unha das cousas que se puxeron en práctica forono os pinchos dos 16 establecimentos participantes. Había de todo, pero foi un o máis galardoado dos Todos16 pinchos presentados. As "Filloas Recheas de Gambas" do Restaurante Faina levaron 2 dos premios que outorgaba o xurado especializado. Aí estivo Ángeles Caamaño para recoller o premio.
Así, gañadores da II Feira dos Sabores son:
- Tapa máis saborosa: "Filloas Recheas de Gambas" do FAINA II RESTAURANTE.
- Tapa mellor presentación: "Filloas Recheas de Gambas" do FAINA II RESTAURANTE.
- Tapa máis orixinal: "O pincho do labrador" da A.C.M. CENTRAL.
Novas relacionadas
- Todos os pinchos da II Feira dos Sabores de Cee.
- I Feira dos Sabores: Os sabores tomaron Cee .
- Galinus explica os seus produtos cun novo e simpático vídeo na Feira dos Sabores de Cee.
- Galinus vende os seus produtos no mercado e na Feira dos Sabores de Cee .
-
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).