Fin de semana de tradición, música e letras nas parroquias de Cee
Fermosa e emotiva foi a fin de semana nas parroquias ceenses. I é que a tradición non se perde na aldea de Lobelos, pertenecente á parroquia de Pereiriña, en Cee. A festa na honra de San Pedro Mártir celebrouse este domingo con varias misas ao largo da mañá, sendo a máis numerosa a misa solemne da 13:30 coa procesión e acompañamento do grupo folk Peta Forte de Pereiriña.
Unha festa que contuinúa, como soe ser tradición, en clave gastronómica, e as familias fican ao redor da capela polo campo cunha familiar comida campestre ata rematar o día. As gaitas, os tambores e as pandeiratas nunhca faltan nestas verdadeiras romarías galegas.
De música e letras en Cee
Xa de volta á capital municipal, houbo cita o sábado co concerto da Mini Banda e Banda de Música de Cee, para celebrar o dia das Letras Galegas, dende o Auditorio da Casa de Cultura de Cee.
E tamén moi interesante foi a sesión de música, poemas, relatos, teatro... que organizaron os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria do Colexio Manuela Rial, para homenaxear a Xosé Filgueira Valverde.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).