Fran Caamaño xa é Fillo Predilecto de Cee

Francisco Caamaño con Maria Rivas en Cee

Este pasado venres tivo lugar na Casa da Cultura, o acto de nomeamento de Francisco Caamaño Domínguez como Fillo Predilecto de Cee, un recoñecemento que “pon en valor unha traxectoria política e institucional exemplar, profundamente ligada á defensa do Estado de dereito, das liberdades e da xustiza social”, como definiu a subdelegada do goberno María Rivas.

O exministro, que liderou reformas lexislativas clave na súa etapa no goberno como a Lei do Rexistro Civil e a Responsabilidade Penal das Empresas, tamén promoveu instrumentos de protección para vítimas de violencia de xénero, e pasará a historia como un dos grandes impulsores da modernización do sistema xudicial español.

Alcaldes e alcaldesas da comarca con Valentín González Formoso e Francisco Caamaño

Durante o acto o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, fíxo un repaso pola ampla traxectoria de Caamaño, destacando o seu paso polo Goberno de España como ministro de Xustiza entre 2009 e 2011, etapa na que impulsou máis de vinte reformas normativas.
Tamén se puxo en valor a súa etapa como presidente da Comisión de Xustiza e Interior con motivo da presidencia española da Unión Europea, na que promoveu, entre outras medidas, a orde europea de protección para vítimas de violencia de xénero.

Foi Secretario do PSOE provincial entre 2012 e 2014, e pouco despois fichaba por un buffete de avogados. “Falamos dun home con visión de país e de Europa, con fondas raíces na súa terra e cunha capacidade de diálogo que marcou unha época no Parlamento e no Consello de Ministros”, declarou Rivas nun evento no que todos destacaron as profundas raíces do homenaxeado..

Máis novas