O grupo Eburnie Egueire trae os sons africanos a Mazaricos e Cee

Grupo Egueire Eburnie en Vigo-Foto-Víctor Hugo

Chega a xira do grupo marfileño Eburnie Egueire á Costa da Morte. Os sons africanos, as voces, os bailes e as percusións, tras pasar por Vigo, e tamén pola Festa Africana da Picota, chegarán este venres 18 de xullo, ás 21:00h, á recuperada Igrexa de Santa Baia, en Mazaricos, e o domingo 20, ás 21:00h na Alameda de Cee.

A xira continuará o 26 de xullo en Fisterra, o 1 de agosto en Vimianzo;  eo 2 de agosto en Dumbría.