GZNova celebra as Letras Galegas denunciando erros na sinalización costeira
Celebraron o Día das Letras os membros de Galiza Nova, pero sempre co seu afán combativo, aproveitan para realizar unha denuncia. Neste 17 de maio de 2014, ademais de “defender o dereito a vivirmos en galego” e coa intención de “conseguir avanzos nos seus usos a nivel social e público”, critican que a "escasa" sinalización que temos na Costa da Morte estea "prostituída" ao castelán. Unha crítica semellante á que fixeron os membros da Mesa de Normalización na comarca de Bergantiños.
Por iso envíannos as imaxes dalgunhas das sinais, que máis lles chamaron a atención estas últimas semanas. E queren ademais comezar unha campaña para que todos poidan subir fotos etiquetándo a GalizaNova Costa da Morte no facebook, para enviarlle unha carta aos Concellos e Tráfico para que “a nosa lingua sempre vaia un paso adiante”.
Novas relacionadas
- Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte analiza o estado de saúde da lingua.
- Un estudio fai públicos 172 topónimos deturpados nas sinais da comarca de Bergantiños.
Fonte
- Galiza Nova Costa da Morte.