Un home morre ao caer ao mar no seu coche no porto de Brens

A Costa da Morte celebrou onte un triste día de ponte. I é que as vilas de Cee e Corcubión amencían cun suceso tremendamente duro. Arredor das 10:00h, Bombeiros, Protección Civil e Policía Local de Cee desprazábanse ata o porto de Brens, ao carón da depuradora, ao seren avisados de que un coche caera ao mar.

Non se sabe a que hora aconteceu a caída, pero si se sabía que o coche estaba ocupado por unha persoa. Tivo que chegar o xuíz para ordenar o levantamento do cadáver e a medio día as forzas de seguridade conseguían recuperar o corpo sen vida. Un corpo que corresponde a un corcubionés de 70 anos, relacionado co mundo do espectáculo.

Antecedentes

Non é a primeira vez que acontece unha cousa así no porto de Brens, lugar habitual ademais onde xa teñen aparecido varios corpos en descomposición caídos ao mar noutras zonas. Pero lembramos aquel novembro de 2010 cando un home se quitaba a vida da mesma forma que este corcubionés, no porto de Coviles.

O lugar ten sido xa a escena do crime en varias ocasións, e lembramos aquel asasinato dun can lanzado dende alí ao mar cunha pedra atada

Por iso, as voces alarman da necesidade de colocar uns pivotes no peirao de Coviles para evitar estes sucesos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).