Hoxe venres hai charla informativa do BNG de Cee sobre as Tarifas da luz

Dous días despois do Apagón Xeral contra a subida da factura da luz, este venres 18 de febreiro o BNG de Cee celebra unhas charlas informativas sobre o asunto. As tarifas eléctricas e a suba da luz e o bono social eléctrico serán o centro do debate:

  • De que tramos se compón o recibo eléctrico?
  • Quén pode acollerse ao bono social e pagar menos polo recibo da luz?
  • Por qué o goberno ZP se plega aos intereses das compañías eléctricas?

A cita será ás 20:30h no Salón de Actos do Concello e intervirán Fernando Branco Parga, membro do Consello Nancional do BNG e Dani Oca, voceiro local.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.