O IES Agra de Raíces encheu febreiro de poesía

A autoria Ana Santiso con parte do alumnado do Agra de Raíces.

O mes de febreiro vestiuse de poseía no IES Agra de Raíces de Cee grazas ao seu clube de lectura Libras Coma Area!, quen organizou dous encontros poéticos.

O pasado 10 de febreiro recibiron a visita da ilustradora, escritora e muralista Ana Santiso para falar do seu último álbum ilustrado, Cidade Cemento. A autora deu unha charla e dirixiu un obradoiro literario. Pola súa parte, os alumnos de 4º ESO que participan no Club de Letras redactaron a súas propias versións en inglés da historia plantexada pola autora no seu libro.

Imaxe do encontro do Club de Lectura con Victoria Carande

A segunda visita, os días 18 e 19 de febreiro, foi a da tradutora, poeta e tamén ilustradora Victoria Carande que presentou o seu último poemario, Litoral interior. Reuniuse nunha primeira sesión co club de lectura do profesorado do centro  e nunha segunda sesión co alumnado do mesmo onde comentou polo miúdo a arte de facer sonetos.