Os IES de Cee abren as súas portas ás familias estes martes e mércores

Hoxe martes 26 e mañá mércores 27 de maio celébranse nos institutos de secundaria de Cee as Xornadas de Portas Abertas para dar a coñecer a oferta de ciclos formativos aos centros da contorna.

Comezan o día 26 pola mañá cunha presentación conxunta, onde o IES Agra de Raíces e o IES Fernando Blanco recibirán a profesorado e alumnado dos centros convidados. Esta presentación terá lugar ás 09:20h no salón de actos do IES Fernando Blanco. A continuación, o profesorado dos distintos ciclos de ámbolos dous centros explicarán in situ as características propias de cada ciclo, módulos que se imparten, saídas profesionais, etc.

Aínda que estas xornadas están enfocadas aos centros da contorna, calquera persoa interesada pode contactar e pedir unha cita para coñecer as ensinanzas de FP que se estudan en Cee.