Cee acolle este luns unha xornada formativa para toda a comarca con 13 Universidades e Centros Superiores

Este vindeiro luns 10 de febreiro o IES Fernando Blanco de Cee organiza a II Feria de Universidades e Centros Superiores para o alumnado dos centros educativos da comarca. O lugar de celebración da feira será o polideportivo do IES Agra de Raíces, organiza o IES Fernando Blanco, Universidade Intercontinental da Empresa, IES Agra de Raíces e concello de Cee. Centros convidados: IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces, IES Terrra de Soneira, IES Maximino Romero de Lema, IES FIn do Camiño, IES Lamas de Castelo, IES Ramón Caamaño, CPR Manuela Rial e CPR Nosa Señora do Carme.

O obxectivo desta feira é que o alumnado teña a oportunidade de informarase das diferentes opcións que ofrecen as universidades e centros superiores, así como as súas saídas profesionais.

Están confirmados 13 centros/universidades e o horario de apertura para o alumnado e as familias, se así o desexan, será de 10:15 a 14:00 e de 16:00 a 18:00h:

  • 1.- USC (Universidade de Santiago de Compostela)
  • 2.- UDC (Universidade da Coruña)
  • 3.- UIE (Abanca)
  • 4.- CSHG (Centro Superior hostelería de Galicia)
  • 5.- AIR Hostess ( Escola de azafatas)
  • 6.- AFN (Escola de pilotos)
  • 7.- CESUGA Coruña
  • 8.- UTAD (Universidade de tecnoloxía, arte e deseño)
  • 9.- UE (Universidade Europea de Madrid)
  • 10.- Escola Superior Marcelo Macías Coruña
  • 11.- Forzas Armadas
  • 12.- ERLAC- Escola de Relacións Laborais, Coruña
  • 13.- Universidade de Navarra

A universidade de Vigo desculpa a súa ausencia e informa que enviará información a través de folletos.