Incéndiase un camión en plena AC-552
05 de decembro de 2018 (02:57 h.)
Esta mañá, arredor das 9:00h, incendiábase un camión en plena AC-552, no lugar de Codesos, Bustelo, Cee, a altura de Maderas Casais. Os Bombeiros acodían ao lugar para intentar sufocar o incendio do camión, que transporta material eléctrico (farolas) e caixas de cartón. Arderan algunhas caixas pero xa tiñan o lume controlado con extintores.