Junquera López, unha nova estrela literaria nace en Cee

Naceu esta pasada fin de semana unha nova estrela literaria na nosa prolífica comarca. A ceense Junquera López presentaba no Rock Corner Bar a súa primeira novela, “Despedidas en silencio" editada por Con M de Muller.

Non cabía a xente no activo bar ceense para o evento. “Foi unha sorpresa para min, que ía pensando que o ía haber ninguén, e ao final non collía xente e quedou xente fóra. Foi unha acollida abrumadora, incrible”, cóntanos unha “nerviosa, pero agradecida e gratamente sorprendida” escritora.

Junquera recordou esa herdanza que recibíu pola súa nai, a paixón polos libros. Estivo escoltada por Suso Bahamonde, que se ben recoñeceu que foi unha sorpresa que Junquera sacase un libro, sinalou que xa coñecía os seus textos polas redes sociais e sabía que esa paixón polas letras sairía dalgunha maneira.

Máis emitova aínda foi a intervención de Xaime Trillo, que fixo chorar a medio bar, facendo metáforas entre o libro e o Bar que tiña a avoa de Junquera, Melania, que rexentou durante moitos anos o Bar Rodríguez, un dos primeiros bares de comidas que houbo en Cee.

Quedou curta a presentación segundo os asistentes, que viviron o nacemento dunha nova estrela literaria.


Xaime Trillo e Suso Bahamonde escoltando á escritora